castafiore

30.11.06

escoita o silencio...

Un día o noso profesor (Xoán) propúxonos unha actividade: ir a un sitio bastante silencioso e escribir o que oïamos.
Ocorréuselle facelo porque coñece unha páxina na que un home, cunha gravadora, grava en lugares moi silenciosos. Esta páxina chámase escoitar.org))).
Nós fixémolo escribindo porque, ademais de non ter tantas gravadoras, estamos na clase de técnicas de expresión escrita, e diso se trata.
Para comprender algunhas cousas da historia, cómpre que saibades que estabamos todos xuntos sentados nun banco, e que Coral é unha das miñas compañeiras (fixo un ruído e por iso o menciono). Tamén, que aínda que é un lugar bastante silencioso, estabamos no instituto, por iso óense ruídos do seu interior.
Aquí amoso a miña gravación:
"-Ssssssssssssssssss...-óese contantemente, debe ser o vento. Ás veces é máis intenso e outras menos.
-Kruaa, kruaa...krua, krua...KRUAA, KRUAA-un paxaro, de vez en cando...
-Piiiii-parece o ruído dun tren.
-SSSSSS...-o vento, forte. De vez en cando, parece o son do mar.
-Ruuruuruu...-un tren pasando...
-Pipipipi...-paxaros que cantan levemente...
-Uuuu...-o vento soa no meu oído.
-KRUAA! KRUAA!-outra vez ese paxaro-KRUAA!KRUAA!-de novo...
-Clic, clic, clic, clic-Coral golpea o boli coa súa uña.
-Ruus..-Xoán roza o chan co zapato.
E outra vez oio o "Uuu..." do vento no meu oído.
-Bla, bla, bla...-de lonxe, óense ós alumnos falar constantemente.
-Pan, pan, panpan, panpan...-alguén golpea o banco co pé.
-Ras, ras, ras...-as follas do arquivador pásanse con vento.
-Sssss... - o vento, de novo.
-Ras, ras, RAAAS! unha moto pola estrada-RAAAAAA...S!
-Pan...pan...pan-Xoán camiña.
-¡Clic, clic!- o son dun bolígrafo.
-Rass...-outra moto.
Pero sempre o mesmo ruído de fondo..."
Como podedes observar, aínda nos lugares máis silenciosos óense multitude de sons, e ás veces hai que pararse a escoitar o silencio, que pode ser moi interesante.
Que vos pareceu a miña gravación? Contádeme as vosas opinións nun comentario, ¿vale? Moitas grazas, biquiños.

Etiquetas: , ,