castafiore

14.6.07

As miñas visitas





Versión en inglés _ Versión en galego

Etiquetas: , ,

21.5.07

¿Que recordaremos?

Xa queda pouquísimo para rematar.
Só un mes; eso si, cheo de exames, traballos e cousas que facer que sempre deixamos para o último momento.
Acabámonos dando conta de que por moito que intentemos organizar os exames dunha maneira en que non nos agobiemos, somos incapaces. Ao final, temos varios por semana incluso por día. Pero é fin de curso, é natural.
E despois, o verán...
E o ano que vén farei bacharelato, por suposto por ciencias puras! É o que máis me gusta. Moita xente se irá do instituto, e darémonos conta do que nos costa vivir sin eles.
E andaremos con outra xente, faremos cousas diferentes, e nunca volveremos a pasar todos os momentos que pasamos neste ano: bos, mellorables e malos, pero todos irrepetibles.
¿Botaremos de menos todo o que estamos pasando? É probable. Cambiaremos a nosas vidas, e recordaremos cun sorriso, espero, como foi o curso de 4º de E.S.O.
Espero que as boas amizades que fixemos este ano duren moito, que a confianza gañada non a perdamos, por feitos que non perdoamos ou por, simplemente, falta de interese. Porque despois é difícil volver atrás.
Espero que non vos agobiedes demasiado cos exames, que pensedes o que tedes o voso redor e o coidedes, é o único que realmente importa.
Un saúdo.

Etiquetas: , ,

3.5.07

Isto é arte


Para min isto é arte, é tan bonito o que poden facer!
Esta ximnasta é unha das mellores do mundo, éo porque ademais de ser moi boa, ten unha forza nas súas interpretacións moi característica. Chámase Natalia Godunko.
Vendo este vídeo ou fotos deste deporte recordo os anos que eu o practiquei. Dábaseme batante ben, e encántame velo.
Qué vos parece a vós?

Etiquetas: , ,

28.2.07

Os motivos para emigrar

O outro día viñeron uns senegaleses á nosa clase de técnicas. Pretendiamos comprender as circunstancias de súa emigración e as súas consecuencias. Viñeron catro, pero só un sabía español. Contounos que o que pretendían a maioría ó vir a países europeos, era conseguir diñeiro para axudar á súa familia, polo tanto non viñan para quedarse moito tempo.
Os que tiñan papeis chegaban aquí en avión, pero o resto, moitos, en caiucos. Alí, as mafias que organizan todas as viaxes dicíanlles que non había ningún problema, que era todo moi seguro, e que ó chegar aquí tiñan sempre traballo e podían vivir moito mellor. Pero a realidade non é así. O idioma é un problema, non teñen onde vivir se non coñecen a xente aquí, non é sinxelo atopar traballo...
Así, moitos din que se souberan o que lles esperaba realmente, non virían; pois polo menos alí teñen á súa xente que pode axudarlos.
Pero tamén hai e están formándose asociacións para axudarlos, que son un gran apoio.
Ata a próxima, deixade comentarios!!

Etiquetas: , ,

27.2.07

Sabes cal é o teu coeficiente intelectual?

A típica frase de "X ten un coeficiente intelectual de..." nunca tiveches curiosidade por saber cal era o teu?
Eu si, e por isto o outro día probei en Internet a buscar un test máis ou menos fiable, e atopei un interesante en Mensa, onde ademais podedes atopar moitos enlaces a outros. Pero aínda así, este paréceme curto (opino que calcular a intelixencia dunha persoa precisa moito tempo). Consta de 39 preguntas que hai que responder en menos que 40 minutos, e chámase Test CI de Mensa Dinamarca. Eu realiceino e pareceume bastante interesante.
Logo, hai bastantes de pago tamén, e incluso rebaixados (nun poñía que anteriormente estaba a 13€ e agora costaba 10€...), ata onde chegan as rebaixas! Evidentemente, non os fixen.
Ademais, atopei outros dous ou tres, curtos tamén, que están repetidos en diferentes páxinas.
O problema dalgún destes é que, cando rematas de realizalo e lle dás a corrixir, non o fai! Perdiches o tempo para nada...
En fin, hay que elixir ben as páxinas.
Por último atopei outra páxina bastante interesante onde hai diversos tests que tiñan boa pinta tamén. A páxina chámase Nicologic's Intelligence Tests.
Pois nada máis, se queres saber que intelixencia tes segundo estas páxinas (nunca hai que fiarse completamente) xa sabes o que podes facer.
Moitos bicos e ata a próxima!

Etiquetas: , ,

1.2.07

Match Point, simplemente fantástica

Cando saín do cine, despois de vela, pensei "esta película vai ser das miñas favoritas"... e así é agora.
Match Point trata de como a sorte pode cambiar todo. De feito, comeza con esta frase: "o home que dixo 'Máis vale ter sorte que talento' coñecía a esencia da vida".
É un drama sobre como a obsesión, a paixón e a ambición poden cambiar o punto de vista e ata levar a cometer feitos terribles.
Penso que é unha película fantástica porque é unha boa idea moi ben levada ó cine, non soamente porque os actores e actrices a fan preciosa, especialmente Scarlett Johanson (tamén me gustou moito en "O home que susurraba ós cabalos" e "Lost in Translation"), tamén porque a película é simplemente xenial.
De todas formas, coñezo a moita xente que non viu esta película, así que se es un destes, non o penses dúas veces, vai vela!
Por outra parte, estamos falando de Woody Allen, de quen penso que é un dos mellores directores no mundo. Match Point non é unha comedia, pero Woody Allen non falla!
Ben, espero aquí os vosos comentarios, adeus!

Etiquetas: , ,

22.1.07

O cine na clase

A finais do primeiro trimestre Xoán propúxonos sumarnos a unha actividade chamada "Audiovisual nas Aulas 2006".
Comezámola en xaneiro e durou sete sesións de dúas clases seguidas nas que tratamos temas dos medios audiovisuais, principalmente o cine.
Démonos conta do complicado que é este mundo do cine, da perfección necesaria, do ben que se pasa rodando,...
Tratamos, tamén, os tipos de planos e a importancia destes. En relación con este tema fixemos unha pequena historia cunhas fotos con diferentes planos, ordenándoos de diferente mareira e así variando o argumento.
Ademais, vimos como foi a rodaxe de Mar Adentro, moi interesante, por certo.
De todas formas, aínda nos queda unha última sesión na que iremos ao cine a ver unha película en galego.
Evidentemente, todo se pode mellorar, pero tendo en conta que foi a primeira vez que se fixo no noso instituto, estivo bastante ben.
Nada máis por hoxe, ata pronto!

Etiquetas: ,

14.12.06

Recuperemos a inocencia

Din que as persoas que mellor saen nas fotos son os nenos e os vellos. Se o pensas, é verdade. Mirando a foto dun neno velo moi inocente e natural, e a un vello, tamén. Non sei por que as idades medianas nos complicamos tanto nas fotos para que ao final saiamos tan pouco naturais. E se non, non estamos satisfeitos case nunca.
Pensei neste tema ao mirar esta foto de cando era pequena. Recordo o momento na que ma fixeron.
Estabamos nun aniversario xogando, eu tiña oito anos. De pequena sempre levaba un diadema porque me molestaba o flequillo, e despois seguín levándoo (cando xa non o tiña) porque me acostumara.
Pero nese momento saqueino para colocalo ben. E nese momento fixéronme a foto.
Paréceme un exemplo claro do que estaba a falar. Sen planealo, no mesmo instante no que mirei á cámara, fixéronme a foto. Curiosamente, non saio sorrindo. De pequena sempre sorría nas fotos, este é outro dato polo que sei que non o planeei. E é das fotos que máis me gustan das que teño.
Creo que, polo menos de vez en cando, deberiamos recuperar esta inocencia que perdemos.

Etiquetas: , ,

12.12.06

A música, un hobby

Esta entrada vai dirixida ás persoas que non me coñecen moito, pero tamén para as que se interesan pola miña vida musical e que non comprenderon por que abandonei o Conservatorio.
Comecei aos sete anos no Conservatorio e rematei o Grado Elemental. Despois fixen a proba para pasar ao Grado Medio, e aprobeina cunha boa nota.
Pero, para asombro de moitos, deixeino este curso. Por que? Nin eu mesma o sei claramente.O que sei é que non me arrepinto nin me arrepentín da decisión.
Do que se asombraba a xente (ou iso me dicían e aínda me din) é de que “por que o deixei sendo tan boa”…Pois ben, o primeiro, non son nin era tan boa, só é o que lles parecía. Si, nunca suspendín, e en xeral tiven boas notas, pero iso non significa nada.
Por outra parte, estaba un pouco farta: non me quero dedicar ao piano, non é o meu. E nestes cursos, na miña opinión, ten que gustarte moito xa.
Tamén me dixeron que por que non remataba o que me quedaba, que non era tanto… Eu non o vexo así: creo que a música é un hobby e que estes non deben continuar practicándose só para rematar un ciclo.
De todas formas, non abandonei a música: estou tamén dende os oito anos no Coro de Nenos da OSG, e moi contenta.
En resumo, creo que a música é algo que ten que gustarte, se non é mellor que non a practiques. A min encántame, pero de momento, dende o punto de vista do coro. Que opinades vós? Bicos, ata a próxima.

Etiquetas: , ,

5.12.06

Final da primeira avaliación

Que tal pasastes a ponte de decembro?
Eu estiven en Madrid, e paseino moi ben. Supoño que moitos quedaron na casa estudando pois esta semana temos moitos exames. Eu teño que estudar bastante porque en Madrid non fixen case nada, había que aproveitar!
Aínda que deberiamos estar fartos de ter que facer tantos exames eu non estou de mal humor, sobre todo porque dentro de dúas semanas xa é Nadal, as miñas vacacións favoritas. Pensade que o pasaremos moi ben (polo menos eu), que teremos regalos, e todo iso.
O Nadal, ademais, vén con dúas semanas de vacacións, para descansar de esta primeira avaliación e pasalo ben. Pero xa falaremos do Nadal cando pase, non?
Así que nada máis, un saúdo e pensade que só queda unha dura semana, que a seguinte será máis relaxada.

Etiquetas: , ,