castafiore

28.2.07

Os motivos para emigrar

O outro día viñeron uns senegaleses á nosa clase de técnicas. Pretendiamos comprender as circunstancias de súa emigración e as súas consecuencias. Viñeron catro, pero só un sabía español. Contounos que o que pretendían a maioría ó vir a países europeos, era conseguir diñeiro para axudar á súa familia, polo tanto non viñan para quedarse moito tempo.
Os que tiñan papeis chegaban aquí en avión, pero o resto, moitos, en caiucos. Alí, as mafias que organizan todas as viaxes dicíanlles que non había ningún problema, que era todo moi seguro, e que ó chegar aquí tiñan sempre traballo e podían vivir moito mellor. Pero a realidade non é así. O idioma é un problema, non teñen onde vivir se non coñecen a xente aquí, non é sinxelo atopar traballo...
Así, moitos din que se souberan o que lles esperaba realmente, non virían; pois polo menos alí teñen á súa xente que pode axudarlos.
Pero tamén hai e están formándose asociacións para axudarlos, que son un gran apoio.
Ata a próxima, deixade comentarios!!

Etiquetas: , ,

1 Comentarios:

  • At 6:36 p. m., Blogger Xoán said…

    Foi unha experiencia emocionante este encontro cos nosos amigos senegaleses. Recordo especialmente o son da voz de Mamadou cando traducía para os seus compañeiros o que nós lles contabamos da nosa experiencia como emigrantes ou como fillos de emigrantes.
    Espero que encontren traballo e cariño entre nós.

     

Publicar un comentario

<< Páxina de inicio