castafiore

5.12.06

Final da primeira avaliación

Que tal pasastes a ponte de decembro?
Eu estiven en Madrid, e paseino moi ben. Supoño que moitos quedaron na casa estudando pois esta semana temos moitos exames. Eu teño que estudar bastante porque en Madrid non fixen case nada, había que aproveitar!
Aínda que deberiamos estar fartos de ter que facer tantos exames eu non estou de mal humor, sobre todo porque dentro de dúas semanas xa é Nadal, as miñas vacacións favoritas. Pensade que o pasaremos moi ben (polo menos eu), que teremos regalos, e todo iso.
O Nadal, ademais, vén con dúas semanas de vacacións, para descansar de esta primeira avaliación e pasalo ben. Pero xa falaremos do Nadal cando pase, non?
Así que nada máis, un saúdo e pensade que só queda unha dura semana, que a seguinte será máis relaxada.

Etiquetas: , ,

2 Comentarios:

  • At 3:55 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Ola, sen tocar a nada a túa entrada móstrase correctamente. Gústame como vai quedando o teu caderno.
    Saúdos

     
  • At 4:14 p. m., Blogger Lucía said…

    Xoán:
    Xa vexo que se ve moi ben! Alégrome de que che guste. Un saúdo.

     

Publicar un comentario

<< Páxina de inicio