Recuperemos a inocencia

Pensei neste tema ao mirar esta foto de cando era pequena. Recordo o momento na que ma fixeron.
Estabamos nun aniversario xogando, eu tiña oito anos. De pequena sempre levaba un diadema porque me molestaba o flequillo, e despois seguín levándoo (cando xa non o tiña) porque me acostumara.
Pero nese momento saqueino para colocalo ben. E nese momento fixéronme a foto.
Paréceme un exemplo claro do que estaba a falar. Sen planealo, no mesmo instante no que mirei á cámara, fixéronme a foto. Curiosamente, non saio sorrindo. De pequena sempre sorría nas fotos, este é outro dato polo que sei que non o planeei. E é das fotos que máis me gustan das que teño.
Creo que, polo menos de vez en cando, deberiamos recuperar esta inocencia que perdemos.
3 Comentarios:
At 6:25 p. m.,
@nK@p!@&t-0n€ p!€c€ said…
Ola Lucía!
Tes razón cando dis que se non pensas que che están a sacar unha foto ésta sae mellor, nunca o pensei!
De agora en adiante cando me vaian sacar unha foto intentarei pensar noutra cousa(je,je).
Saúdos e sorte co teu blog, que está moi ben!
At 7:02 p. m.,
Lucía said…
Alégrome moito de que vos guste o meu blog, e espero que o continuedes visitando...ja,ja
Eu diríavos algo sobre as vosas entradas pero xa sabedes que sobre estes temas eu non sei moito...
Pois nada máis, ata mañá!
At 3:18 p. m.,
Anónimo said…
Gústame moito o teu blog e sobretodo esta fotoXD. espero que continuas escribindo asi de ben.
Moitos bicos!
Publicar un comentario
<< Páxina de inicio