castafiore

12.12.06

A música, un hobby

Esta entrada vai dirixida ás persoas que non me coñecen moito, pero tamén para as que se interesan pola miña vida musical e que non comprenderon por que abandonei o Conservatorio.
Comecei aos sete anos no Conservatorio e rematei o Grado Elemental. Despois fixen a proba para pasar ao Grado Medio, e aprobeina cunha boa nota.
Pero, para asombro de moitos, deixeino este curso. Por que? Nin eu mesma o sei claramente.O que sei é que non me arrepinto nin me arrepentín da decisión.
Do que se asombraba a xente (ou iso me dicían e aínda me din) é de que “por que o deixei sendo tan boa”…Pois ben, o primeiro, non son nin era tan boa, só é o que lles parecía. Si, nunca suspendín, e en xeral tiven boas notas, pero iso non significa nada.
Por outra parte, estaba un pouco farta: non me quero dedicar ao piano, non é o meu. E nestes cursos, na miña opinión, ten que gustarte moito xa.
Tamén me dixeron que por que non remataba o que me quedaba, que non era tanto… Eu non o vexo así: creo que a música é un hobby e que estes non deben continuar practicándose só para rematar un ciclo.
De todas formas, non abandonei a música: estou tamén dende os oito anos no Coro de Nenos da OSG, e moi contenta.
En resumo, creo que a música é algo que ten que gustarte, se non é mellor que non a practiques. A min encántame, pero de momento, dende o punto de vista do coro. Que opinades vós? Bicos, ata a próxima.

Etiquetas: , ,

7 Comentarios:

  • At 1:00 p. m., Blogger Sonia e Naza said…

    Hola Lucía!!!!!!!!
    Moitas gracias polo teu comentario.
    Nos tamen te desexamos que teñas moitas visitas.
    Moitos besos; Naza e Sonia.

     
  • At 1:01 p. m., Anonymous Anónimo said…

    HolaS Lucía =)!Gracias por tus comentarios =P.
    Es interesante leer tu blog porque hay cosas que no sabia sobre ti..como lo del conservatorio o lo del coro =p.Muy interesante sisi xD.Venga xauu!

     
  • At 8:05 p. m., Blogger Lucía said…

    Sonia e Naza:
    De nada, é un pracer. Espero que saquedes boas notas e Feliz Nadal! Hasta pronto. Un bico.

     
  • At 5:09 p. m., Blogger Lucía said…

    Sorriso:
    De nada. Alégrome de que che pareza interesante o meu blog. O teu tamén ten cousas moi interesantes. Espero que pases un feliz Nadal. Moitos bicos, hasta mañá

     
  • At 10:04 a. m., Blogger Noelia said…

    Ola Lucía ,gustame moito o teu blog e , creo que ,como escritora eres magnifica ,xa que tes expresas moi ben ao igual que me parecen moi interesantes as tuas publicacións.Moitos bicos.
    !! Sigue así!! :)

     
  • At 6:17 p. m., Blogger Lucía said…

    Moitas grazas, Noelia. Alégrome moito de que gusten os meus escritos. Un día destes fareite un comentario no teu blog, vale? Un bico, hasta mañá.

     
  • At 10:22 p. m., Blogger @nK@p!@&t-0n€ p!€c€ said…

    Acabo de acordarme del blog y aqui estoy, viendo el tuyo xD
    La verdad es que antes no entendia mucho el "porque" de dejar el conservatorio, pero ahora lo entiendo.
    La música de nuestro instrumento musical propio es para disfrutar tocándolo, sin tener que atender a pautas, notas y cosas asi de estrictas.
    Esta bien ir a sitios para aprender a tocar, pero llega un momento que te "independizas". Vamos, que te llega y te sobra con lo que sabes y quieres.
    Ademas, aunque toques la caja china, si disfrutas haciendolo pues bien, no? xD
    Pues eso, como tu has dicho "Música, un hobby".
    No creo que leas esto, pero que mas da xD

    Chao!

     

Publicar un comentario

<< Páxina de inicio