castafiore

1.2.07

Match Point, simplemente fantástica

Cando saín do cine, despois de vela, pensei "esta película vai ser das miñas favoritas"... e así é agora.
Match Point trata de como a sorte pode cambiar todo. De feito, comeza con esta frase: "o home que dixo 'Máis vale ter sorte que talento' coñecía a esencia da vida".
É un drama sobre como a obsesión, a paixón e a ambición poden cambiar o punto de vista e ata levar a cometer feitos terribles.
Penso que é unha película fantástica porque é unha boa idea moi ben levada ó cine, non soamente porque os actores e actrices a fan preciosa, especialmente Scarlett Johanson (tamén me gustou moito en "O home que susurraba ós cabalos" e "Lost in Translation"), tamén porque a película é simplemente xenial.
De todas formas, coñezo a moita xente que non viu esta película, así que se es un destes, non o penses dúas veces, vai vela!
Por outra parte, estamos falando de Woody Allen, de quen penso que é un dos mellores directores no mundo. Match Point non é unha comedia, pero Woody Allen non falla!
Ben, espero aquí os vosos comentarios, adeus!

Etiquetas: , ,