castafiore

27.2.07

Sabes cal é o teu coeficiente intelectual?

A típica frase de "X ten un coeficiente intelectual de..." nunca tiveches curiosidade por saber cal era o teu?
Eu si, e por isto o outro día probei en Internet a buscar un test máis ou menos fiable, e atopei un interesante en Mensa, onde ademais podedes atopar moitos enlaces a outros. Pero aínda así, este paréceme curto (opino que calcular a intelixencia dunha persoa precisa moito tempo). Consta de 39 preguntas que hai que responder en menos que 40 minutos, e chámase Test CI de Mensa Dinamarca. Eu realiceino e pareceume bastante interesante.
Logo, hai bastantes de pago tamén, e incluso rebaixados (nun poñía que anteriormente estaba a 13€ e agora costaba 10€...), ata onde chegan as rebaixas! Evidentemente, non os fixen.
Ademais, atopei outros dous ou tres, curtos tamén, que están repetidos en diferentes páxinas.
O problema dalgún destes é que, cando rematas de realizalo e lle dás a corrixir, non o fai! Perdiches o tempo para nada...
En fin, hay que elixir ben as páxinas.
Por último atopei outra páxina bastante interesante onde hai diversos tests que tiñan boa pinta tamén. A páxina chámase Nicologic's Intelligence Tests.
Pois nada máis, se queres saber que intelixencia tes segundo estas páxinas (nunca hai que fiarse completamente) xa sabes o que podes facer.
Moitos bicos e ata a próxima!

Etiquetas: , ,

3 Comentarios:

  • At 10:08 a. m., Blogger Coral said…

    Ola! gustoume moito o test de intelixencia, paréceme unha actividade moi interesante!

     
  • At 8:58 p. m., Anonymous Anónimo said…

    despois de facelo(desquicioume un pouco)esta ben sabe-lo listo que eres jja
    espero que sigas asi traballando neste blog

     
  • At 10:22 p. m., Blogger @nK@p!@&t-0n€ p!€c€ said…

    Eu xa o fixen 2 veces, e mellorei 9 puntos!!!
    Lucía vou a superarche!!!xDDD
    Moi bo o post!

     

Publicar un comentario

<< Páxina de inicio