castafiore

30.11.06

escoita o silencio...

Un día o noso profesor (Xoán) propúxonos unha actividade: ir a un sitio bastante silencioso e escribir o que oïamos.
Ocorréuselle facelo porque coñece unha páxina na que un home, cunha gravadora, grava en lugares moi silenciosos. Esta páxina chámase escoitar.org))).
Nós fixémolo escribindo porque, ademais de non ter tantas gravadoras, estamos na clase de técnicas de expresión escrita, e diso se trata.
Para comprender algunhas cousas da historia, cómpre que saibades que estabamos todos xuntos sentados nun banco, e que Coral é unha das miñas compañeiras (fixo un ruído e por iso o menciono). Tamén, que aínda que é un lugar bastante silencioso, estabamos no instituto, por iso óense ruídos do seu interior.
Aquí amoso a miña gravación:
"-Ssssssssssssssssss...-óese contantemente, debe ser o vento. Ás veces é máis intenso e outras menos.
-Kruaa, kruaa...krua, krua...KRUAA, KRUAA-un paxaro, de vez en cando...
-Piiiii-parece o ruído dun tren.
-SSSSSS...-o vento, forte. De vez en cando, parece o son do mar.
-Ruuruuruu...-un tren pasando...
-Pipipipi...-paxaros que cantan levemente...
-Uuuu...-o vento soa no meu oído.
-KRUAA! KRUAA!-outra vez ese paxaro-KRUAA!KRUAA!-de novo...
-Clic, clic, clic, clic-Coral golpea o boli coa súa uña.
-Ruus..-Xoán roza o chan co zapato.
E outra vez oio o "Uuu..." do vento no meu oído.
-Bla, bla, bla...-de lonxe, óense ós alumnos falar constantemente.
-Pan, pan, panpan, panpan...-alguén golpea o banco co pé.
-Ras, ras, ras...-as follas do arquivador pásanse con vento.
-Sssss... - o vento, de novo.
-Ras, ras, RAAAS! unha moto pola estrada-RAAAAAA...S!
-Pan...pan...pan-Xoán camiña.
-¡Clic, clic!- o son dun bolígrafo.
-Rass...-outra moto.
Pero sempre o mesmo ruído de fondo..."
Como podedes observar, aínda nos lugares máis silenciosos óense multitude de sons, e ás veces hai que pararse a escoitar o silencio, que pode ser moi interesante.
Que vos pareceu a miña gravación? Contádeme as vosas opinións nun comentario, ¿vale? Moitas grazas, biquiños.

Etiquetas: , ,

2.11.06

castafiore

Ola a todos!
O primeiro, moitas grazas por visitar o meu blog. Estouno facendo en clase de técnicas de expresión escrita no meu instituto e espero que vos gusten as cousas que poña. Podedes escribir comentarios sobre o que queirades e, así, compartir comigo e cos meus visitantes as vosas opinións. "Castafiore"... ¿por que? Pois, mirade, custoume bastante pensar nun título para o meu blog. Pero a miña irmá, que ás veces ten boas ideas, recomendoume este. Resulta que un amigo chámanos ás dúas "as irmás Castafiore", pois Castafiore é un personaxe de Tintín que, coma miña irmá e mais eu, canta.
Sobre este personaxe de cómic podedes (como sobre moitas máis cousas) atopar información en internet.
Pois nada máis, espero que disfrutedes o tempo que pasedes no meu blog. Un saúdo.

Etiquetas: ,