castafiore

28.2.07

Os motivos para emigrar

O outro día viñeron uns senegaleses á nosa clase de técnicas. Pretendiamos comprender as circunstancias de súa emigración e as súas consecuencias. Viñeron catro, pero só un sabía español. Contounos que o que pretendían a maioría ó vir a países europeos, era conseguir diñeiro para axudar á súa familia, polo tanto non viñan para quedarse moito tempo.
Os que tiñan papeis chegaban aquí en avión, pero o resto, moitos, en caiucos. Alí, as mafias que organizan todas as viaxes dicíanlles que non había ningún problema, que era todo moi seguro, e que ó chegar aquí tiñan sempre traballo e podían vivir moito mellor. Pero a realidade non é así. O idioma é un problema, non teñen onde vivir se non coñecen a xente aquí, non é sinxelo atopar traballo...
Así, moitos din que se souberan o que lles esperaba realmente, non virían; pois polo menos alí teñen á súa xente que pode axudarlos.
Pero tamén hai e están formándose asociacións para axudarlos, que son un gran apoio.
Ata a próxima, deixade comentarios!!

Etiquetas: , ,

27.2.07

Sabes cal é o teu coeficiente intelectual?

A típica frase de "X ten un coeficiente intelectual de..." nunca tiveches curiosidade por saber cal era o teu?
Eu si, e por isto o outro día probei en Internet a buscar un test máis ou menos fiable, e atopei un interesante en Mensa, onde ademais podedes atopar moitos enlaces a outros. Pero aínda así, este paréceme curto (opino que calcular a intelixencia dunha persoa precisa moito tempo). Consta de 39 preguntas que hai que responder en menos que 40 minutos, e chámase Test CI de Mensa Dinamarca. Eu realiceino e pareceume bastante interesante.
Logo, hai bastantes de pago tamén, e incluso rebaixados (nun poñía que anteriormente estaba a 13€ e agora costaba 10€...), ata onde chegan as rebaixas! Evidentemente, non os fixen.
Ademais, atopei outros dous ou tres, curtos tamén, que están repetidos en diferentes páxinas.
O problema dalgún destes é que, cando rematas de realizalo e lle dás a corrixir, non o fai! Perdiches o tempo para nada...
En fin, hay que elixir ben as páxinas.
Por último atopei outra páxina bastante interesante onde hai diversos tests que tiñan boa pinta tamén. A páxina chámase Nicologic's Intelligence Tests.
Pois nada máis, se queres saber que intelixencia tes segundo estas páxinas (nunca hai que fiarse completamente) xa sabes o que podes facer.
Moitos bicos e ata a próxima!

Etiquetas: , ,

1.2.07

Match Point, simplemente fantástica

Cando saín do cine, despois de vela, pensei "esta película vai ser das miñas favoritas"... e así é agora.
Match Point trata de como a sorte pode cambiar todo. De feito, comeza con esta frase: "o home que dixo 'Máis vale ter sorte que talento' coñecía a esencia da vida".
É un drama sobre como a obsesión, a paixón e a ambición poden cambiar o punto de vista e ata levar a cometer feitos terribles.
Penso que é unha película fantástica porque é unha boa idea moi ben levada ó cine, non soamente porque os actores e actrices a fan preciosa, especialmente Scarlett Johanson (tamén me gustou moito en "O home que susurraba ós cabalos" e "Lost in Translation"), tamén porque a película é simplemente xenial.
De todas formas, coñezo a moita xente que non viu esta película, así que se es un destes, non o penses dúas veces, vai vela!
Por outra parte, estamos falando de Woody Allen, de quen penso que é un dos mellores directores no mundo. Match Point non é unha comedia, pero Woody Allen non falla!
Ben, espero aquí os vosos comentarios, adeus!

Etiquetas: , ,