Recuperemos a inocencia
Din que as persoas que mellor saen nas fotos son os nenos e os vellos. Se o pensas, é verdade. Mirando a foto dun neno velo moi inocente e natural, e a un vello, tamén. Non sei por que as idades medianas nos complicamos tanto nas fotos para que ao final saiamos tan pouco naturais. E se non, non estamos satisfeitos case nunca.Pensei neste tema ao mirar esta foto de cando era pequena. Recordo o momento na que ma fixeron.
Estabamos nun aniversario xogando, eu tiña oito anos. De pequena sempre levaba un diadema porque me molestaba o flequillo, e despois seguín levándoo (cando xa non o tiña) porque me acostumara.
Pero nese momento saqueino para colocalo ben. E nese momento fixéronme a foto.
Paréceme un exemplo claro do que estaba a falar. Sen planealo, no mesmo instante no que mirei á cámara, fixéronme a foto. Curiosamente, non saio sorrindo. De pequena sempre sorría nas fotos, este é outro dato polo que sei que non o planeei. E é das fotos que máis me gustan das que teño.
Creo que, polo menos de vez en cando, deberiamos recuperar esta inocencia que perdemos.




